Información da reunión da Mesa Xeral de PAS do 19 de novembro
Principais acordos tomados:
- Antes de final de ano darase cumprimento dos acordos pendentes:
- Poñerase en marcha inmediatamente a modalidade A do concurso de PAS funcionario e o concurso específico para os postos de PAS laboral de Coordinador de Servizos e Coordinador de Apoio á Docencia e á Investigación
- Poñeranse en marcha as convocatorias de Promoción interna independente da Área de Infraestruturas de Investigación, de C1 para A2 e para Técnico de Servizos Xerais
- As categorías laborais que, antes de xullo, xa estaban no subgrupo III-2 pasarán a III-1
- Acórdanse as seguintes cambios de nivel de PAS funcionario:
- Os postos base C-2 de nivel 15 pasan a nivel 17
- Os postos de Secretaría de Decanato de nivel 18 pasan a nivel 19
- Os 26 postos de RAE, e 18 postos de xefaturas de negociado, pasan de nivel 20 a nivel 22
- Os postos de Responsable de Unidade de nivel 22 equipáranse co resto en nivel 24
Desenvolvemento da reunión e tratamento dos temas:
- Aprobación da acta da sesión anterior:
- Apróbase por unanimidade logo de incorporar algúns detalles
- Modificacións RPT de PAS:
- Xerente; Intervén en primeiro lugar o xerente para presentar a proposta de modificacións. Consiste basicamente nalgunhas modificacións puntuais no ámbito do PAS laboral e na proposta de modificación de niveis de PAS funcionario. Fai un chamamento ao consenso e á boa disposición para acordar as cousas por unanimidade. A continuación dá paso ás intervencións sindicais
- CC.OO: Na nosa intervención, comentamos que nos vimos esforzando por impulsar cambios que permitan mellorar as condicións de traballo do persoal e a prestación dos servizos. Sempre fomos conscientes de que para avanzar era necesario chegar a acordos, a veces insuficientes. Convencidos de que pretender facer todo á vez só conduce á parálise, sen resultados de ningún tipo.Nese sentido, valoramos a proposta para o PAS funcionario que vén a responder cando menos en parte ás nosas demandas, e sobre a que propoñemos algunhas cuestións adicionais para abordar nesta reunión da Mesa.Tamén facemos fincapé en sinalar que os acordos, unha vez acadados, deben ser levados á práctica coa maior prontitude, para evitar frustracións e perda de confianza. Por iso, encabezamos a nosa proposta de alegacións coa esixencia do cumprimento do xa acordado en xuntanzas anteriores da Mesa e cos órganos de representación.Na súa resposta o xerente indica que, das alegacións CC.OO, só poden aceptar neste momento a modificación de nivel de 18 para 19 das prazas de Secretaria de Dirección ou Decanato; coa condición de que iso sexa aceptado por todos os sindicatos con representación na Xunta de PAS.Insiste tamén en que só se van a acordar as cousas nas que haxa consenso, e que polo tanto retira a modificación de xornada en deportes, e tamén retira o cambio proposto nunha praza técnico de investigación.Acepta tamén, da proposta de alegacións de CC.OO, o compromiso de poñer en marcha antes de final de ano a modalidade A do concurso de funcionarios e o concurso específico de laborais; así como as convocatorias de promoción interna independente e a clasificación no subgrupo III-1 das prazas que antes de xullo estaban no III-2.Ver proposta de alegacións de CC.OO.
- Outros sindicatos:Por parte de CIG coméntanse de forma oral algunhas cuestións puntuais, referidas principalmente á modificación de xornada dunha praza de deportes e dunha praza de técnico de investigación.UGT intervén en relación á proposta de modificación dunha praza de Técnico de Investigación, que xa presentara por escrito.Por parte de CSIF (só ten representación en Laborais) tan só se fai algún comentario, ao calor de outras intervencións, sobre unha praza en Deportes.TGU (só ten representación en Funcionarios) presenta un escrito na propia reunión ao que dá lectura, no que amosa o seu desacordo coas modificacións propostas por CC.OO no noso escrito de alegacións.CIUS (só ten representación en Funcionarios) non intervén.Finalmente, pese a algunhas reticencias, acórdase de forma consensuada a proposta definitiva que inclúe o cambio de nivel das secretarías de decanato e a retirada dos puntos xa mencionados. Os acordos pasan agora á próxima reunión do Consello de Goberno.
- Rolda aberta de intervencións: No punto final, CIG plantea dúas cuestións relacionadas con acordos pendentes de formalizar sobre as horas de dispoñibilidade e o recoñecemento de permisos. E por parte de CC.OO preguntamos polo fichaxe horario do persoal de proxectos e o teletraballo, e pola aplicación do acordo de retribucións e categorías de capítulo VI ao persoal de Capítulo II.