Publicadas as vacantes provisionais do CXT na web da Consellería

Resolución do 17 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as vacantes provisionais que serán obxecto de provisión no concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación. (código de procedemento ED012A). Ligazón

Mestres. Ligazón
Profesores de ensino secundario. Ligazón
Profesores Técnicos de Formación Profesional. Ligazón
Profesores De Escolas Oficiais De Idiomas. Ligazón
Catedráticos De Música E Artes Escénicas. Ligazón
Profesores De Música E Artes Escénicas. Ligazón
Profesores De Artes Plásticas E Deseño. Ligazón
Mestres De Taller De Artes Plásticas E Deseño. Ligazón
Corpos De Inspección. Ligazón

Concurso de traslados específico de Orientación Mestres

  • Prazo de participación: do 16 de novembro ao 7 de de decembro, ambos incluídos.
  • Poden participar funcionarios/as en prácticas.
  • Lembramos que no caso de participar por ambos concursos, orientación e xeral e ter dereito a ser adxudicado por ambos, terà preferencia o de orientación.
  • Acceso ao CONCURSO: http://www.edu.xunta.gal/cxt e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
  • As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. (código de procedemento ED013A). 

Propostas sobre a xornada do persoal docente e do persoal complementario titulado (VII Convenio E.Concertado)

A sinatura do VII Convenio colectivo representa para CCOO a posibilidade de expor na Comisión Técnica, que empezará os seus traballos en breve, as propostas en materia de xornada do persoal docente e do persoal complementario titulado que recolliamos na nosa plataforma reivindicativa, froito das achegas realizadas no seu momento pola nosa afiliación.  As nosas principais reivindicacións son: Artigo 25. … Ler máis