CCOO ensino estamos realizando as xestións coa Consellería para que os chamamentos se efectúen máis días, e non só os martes.

CCOO como organización sindical asinante do acordo de interinos xa comunicaramos o noso rexeitamento absoluto á decisión unilateral da Consellería de facer un único día á semana os chamamentos de substitucións nas listaxes de mestres para as vacantes que se van producindo. Consideramos que, ao facelo así, a Consellería está a vulnerar o propio acordo.

Nestes momentos estamos en negociacións para que a Consellería reconsidere esta decisión e se faga a cobertura de vacantes como se viña facendo.

Listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social

Cualificación proceso funcionarización subgrupo C1, grupo B e grupo III do persoal laboral

Acordo do 17 de setembro do 2021, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo de Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao Grupo III, do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 26.04.2021.

Cualificación proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar de administración xeral, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao Grupo IV

Acordo do 17 de setembro do 2021, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar de administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao Grupo IV, do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 12.05.2021.