CCOO como organización sindical asinante do acordo de interinos xa comunicaramos o noso rexeitamento absoluto á decisión unilateral da Consellería de facer un único día á semana os chamamentos de substitucións nas listaxes de mestres para as vacantes que se van producindo. Consideramos que, ao facelo así, a Consellería está a vulnerar o propio acordo.
Nestes momentos estamos en negociacións para que a Consellería reconsidere esta decisión e se faga a cobertura de vacantes como se viña facendo.
