Mes: Setembro 2021
CCOO transmítelle á ministra de Educación e Formación Profesional as súas prioridades para a lexislatura
A Federación de Ensino reuniuse hoxe coa ministra Pilar Alegría e presentoulle un decálogo de medidas fundamentais para asegurar o correcto funcionamento do sistema educativo a curto prazo.
Pide recuperar o investimento do 5,5 % do PIB para facer fronte aos retos urxentes
Campaña de vixilancia da saúde 2021/2022 para persoal docente e non docente
- É aplicable ao persoal docente e non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
- Inscrición voluntaria en https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal
A reunión do pasado 7 de setembro evidencia que as posicións de CCOO e a patronal do sector seguen moi distantes
Desde CCOO manifestamos reiteradamente que a nosa aposta por dignificar e regularizar as condicións laborais das persoas traballadoras segue sendo a prioridade nesta negociación. A proposta que se nos presentou na última reunión dista moito dos obxectivos que nós expuxemos para o novo convenio colectivo e non permite adecuar as condicións retributivas, especialmente as do profesorado, á realidade e á … Ler máis
CCOO esixe a estabilización dos cadros de persoal no ensino concertado
Despois de 35 anos de vixencia do real decreto de concertos, a xurisprudencia do Tribunal Supremo consagrou, na práctica, un único criterio para concertar: ter unha ratio alumnado/unidade igual ou superior á dos centros da súa contorna. Un criterio perverso, porque supón que os centros susceptibles de perdela son os que teñen unha ratio inferior, xeralmente os localizados en ámbitos … Ler máis
CCOO denunciará o XII convenio colectivo de centros de asistencia e educación infantil
O pasado 3 de setembro publicábanse no BOE as novas táboas salariais vixentes a partir do 1 de setembro para os centros privados de xestión directa. Nelas recóllese un incremento de 10 euros para as educadoras, que pasan a percibir 968,09 euros brutos. CCOO non asinou estas novas táboas porque consideramos insuficiente a suba e, ademais, non se aborda a … Ler máis
CCOO reclama do Reitor e da Xerencia o cumprimento efectivo dos compromisos co PAS
O pasado 10 de setembro, no acto de inauguración do curso, o reitor da USC anunciou a súa intención de presentarse novamente para o cargo. Manifestou, tamén neste acto, que as actuacións para dar cumprimento ao Plan plurianual dirixidas ao PDI se “completarán no 4º ano de mandato”. Indicando, a continuación, que “o dito debe servir tamén para o PAS”. … Ler máis
CCOO rexeita o peche da oficina de Muface en Santiago de Compostela
Comisións Obreiras (CCOO) rexeita o peche da oficina de Muface (Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado) en Santiago de Compostela, previsto para o vindeiro 30 de setembro. Esta decisión obrigará a todas as persoas usuarias a desprazarse ata A Coruña, onde está a única sede provincial.
O conselleiro xustifica os recortes no ensino aducindo que xa non estamos en pandemia
Na intervención de onte no Parlamento, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidades, Román Rodríguez, recoñeceu que hai menos profesorado ca o ano pasado, comparando as cifras co curso escolar 2019-2020 (anterior á pandemia) no canto de facelo coas do curso 2020-2021. A Consellería, deste xeito, recoñece os recortes e o máis sorprendente é que recoñece que actúa coma se xa non existise a COVID-19, dándolle á razón a CCOO-Ensino, tal e como manifestamos na conferencia de prensa do pasado luns.
