CCOO-Ensino afirma que a Consellería de Educación reduce o espazo entre o alumnado para recortar profesorado

A Federación do Ensino de Comisións Obreiras de Galicia afirma que a Consellería de Educación reduce de 1,5 a 1,2 metros a distancia interpersoal entre o alumnado co obxectivo de recortar profesorado, primando os criterios economicistas fronte aos sanitarios. A secretaria xeral de CCOO-Ensino, Luz López, lamentou que o Ministerio de Educación «renunciara a liderar» un proceso que era da súa competencia, permitindo que cada comunidade autónoma «faga o que lle veña en gana» no tocante ás distancias.

A destrución de emprego cébase cos sectores máis feminizados e precarios

Unha de cada catro persoas perde o seu traballo no Ensino Privado durante as vacacións de verán. CCOO denuncia que o período estival supuxo de novo a perda de miles de empregos no sector do ensino privado, e alerta de que agosto finalizou cun descenso de persoas afiliadas á Seguridade Social do 26,76% con respecto ao mes de maio, porcentaxe superior ao 24,23% correspondente ao mesmo período de 2020.