O profesorado galego mobilizarase para recuperar os horarios lectivos anteriores ao 2012
CCOO-Ensino e o resto das organizacións sindicais con representación no ensino galego anunciaron hoxe as mobilizacións que se levarán a cabo pola recuperación do horario lectivo de 18 horas en secundaria e de 21 horas en primaria, que culminarán nunha folga o 12 de decembro.
