O profesorado galego esta chamado á folga o 12 de decembro pola recuperación do horario lectivo.

Tras as mobilizacións do profesorado galego o pasado 21 de novembro e calada por resposta da consellería ás súas reivindicacións, CCOO-Ensino e o resto de organizacións sindicais con representación no ensino público chaman ao profesorado galego a secundar a folga convocada para o vindeiro 12 de decembro e a acudir á manifestación convocada en Compostela ese día ás 12 horas.

NON QUEREMOS TRABALLAR MENOS, QUEREMOS TRABALLAR MELLOR!!

RECUPERACIÓN DO HORARIO LECTIVO, XA!!!

SON HORAS, SON DEREITOS

‌ ver CARTAZ

‌ ver COMUNICACIÓN DA FOLGA

‌ ver XUSTIFICANTE DE PRESENTACIÓN

 

PROCEDEMENTOS SELECTIVOS: Convocatoria do 25 de novembro

Prazo de Solicitudes : ata o 24 de decembro

‌ ver CONVOCATORIA CORPO ADMINISTRATIVO ADMON. XERAL GALICIA SUBGRUPO C1

‌ ver CONVOCATORIA CORPO ADMINISTRATIVO ADMON. XERAL GALICIA SUBGRUPO C2

‌ ver CONVOCATORIA CONSOLIDACIÓN INGRESO CATEGORÍA 001 GRUPO IV PERSOAL LABORAL

‌ ver CONVOCATORIA CONSOLIDACIÓN INGRESO CATEGORÍAS 002 E 062 GRUPO III PERSOAL LABORAL

25 N – Tanto ten como o mires, é cousa de todas e todos. Di non á violencia de Xénero

 

‌ CCOO neste 25 N, reitera o seu rotundo e total rexeitamento ás violencias contra as mulleres, a expresión máis dramática e cruel das desigualdades materiais e culturais que persisten, dirixidas a atacar a liberdade, a seguridade, a autonomía das mulleres e a mantelas nunha inxusta situación de inferioridade.

‌ CCOO denuncia o continuo agravamento dos factores estruturais, que son o caldo de cultivo das violencias machistas: a  feminización da pobreza, o desemprego e a precariedade laboral, xunto á ausencia dunha política de educación para a igualdade e a corresponsabilidade, e a insuficiencia de políticas activas de igualdade e de recursos suficientes e proporcionados para a prevención, protección e atención ás vítimas. Todos eles, factores que contribúen a aumentar as situacións de exposición ao risco, vulnerabilidade e dependencia de moitas mulleres.

 

‌ ver MOBILIZACIÓNS 25N