A Xunta de Galicia despreza un ano mais aos representantes do profesorado ao anunciar aos medios a oferta de emprego público para o vindeiro ano sen negociación previa

Como ven sendo costume todos estes anos, o presidente da Xunta anuncia a oferta de emprego público (prazas e especialidades) aos medios antes que aos representantes legais do profesorado nunha nova mostra de desprezo por estes.

CCOO_Ensino como asinante do Acordo de Emprego Público en Galicia levaba meses demandando a xuntanza da comisión de seguimento de dito Acordo para valorar o número de prazas que era necesario ofertar e as especialidades necesarias para acadar os obxectivos marcados no Acordo e a negociación posterior na Mesa Sectorial.

‌ VER INFÓRMATE

‌ VER RESUMO E CADRO ESPECIALIDADES FACILITADO NO CONSELLO DA XUNTA