A conselleira de Educación négase a negociar a redución do horario lectivo do profesorado galego

Na xuntanza de hoxe, 6 de novembro, solicitada por CCOO e as outras OOSS con presenza na Mesa Sectorial co obxectivo de abrir negociacións para recuperar o horario lectivo de 21 horas para o corpo de mestres e 18 horas en secundaria e outros corpos, a conselleira de Educación, acompañada do director xeral de Centros e Recursos Humanos e do subdirector xeral de Recursos Humanos, rexeitou de forma taxativa calquera posibilidade de iniciar este proceso.

 

A Audiencia Nacional desestima o recurso contra o Acordo para a Mellora do Emprego Público asinado no 2017

A sentenza da sala do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional é unha resolución esperada na contundencia dos seus termos e que unha vez máis, dá a razón ao sindicato avalando o proceso de estabilización e declarando que a fixeza  se acada mediante o concurso-oposición. Desde CCOO confiamos en que cese dunha vez o engano e a tensión á que se está sometendo o persoal con falsas promesas, sen fundamento xurídico ningún, deixando de poñer trabas á oportunidade que ofrece o Acordo ao conxunto do persoal temporal, incluído o de maior precariedade, de adquirir estabilidade no emprego.

‌ ver infórmaTE