As catro organizacións sindicais da Mesa Sectorial péchanse na Consellaría de Educación para esixir a negociación da devolución do horario lectivo

⚠ ÚLTIMA HORA: Despois da esixencia das organizacións sindicais de ser recibidas unitariamente, o secretario xeral récnico e o director xeral de Centros e Recursos Humanos acaban de comunicarnos‬ que a conselleira nos recibirá a semana que vén ás catro organizacións sindicais. Polo que damos por finalizado o peche en espera desa xuntanza.

CCOO-Ensino reclama á Consellería a retirada e a non distribución do material da organización Hazte Oír nos centros educativos galegos por posible delito de odio

Este é o seguinte paso tras a denuncia feita pola FECCOO á organización HazteOír diante da Fiscalía Xeral do Estado e a Comisión Europea contra o Racismo e a Intolerancia, por un posible delito de discurso de odio. A FECCOO entende que as cartas e materiais enviados aos centros docentes violan o Memorando da Comisión Europea contra o Racismo e a Intolerancia, a normativa educativa, a lexislación sobre a violencia e a normativa específica en materia LGTBI, ademais de supor unha situación de risco para o alumnado e para o sistema de liberdades. 

‌ ver DOCUMENTO PRESENTADO

‌ ver DOSSIER

Apertura de listas para interinidades e substitucións no corpo de catedráticos de música e artes escénicas

 ‌Prazo de Solicitudes. ata o 24 de outubro

‌    Especialidades: arpa (003), canto (006), clarinete (008), clave (009), composición (010), contrabaixo (014), dirección de orquesta (023), fagot (030), frauta travesa (032), óboe (052), pedagoxía (057), percusión (058), saxofón (066), trombón (072), trompa (074), trompeta (075), violoncello (079), instrumentos de corda pulsada do Renacemento e do Barroco (092), instrumentos históricos de corda fretada (095), tecnoloxía musical (100), viola de gamba (102) e produción e xestión de música e artes escénicas (115)

‌   ver CONVOCATORIA