As catro organizacións sindicais da Mesa Sectorial péchanse na Consellaría de Educación para esixir a negociación da devolución do horario lectivo

⚠ ÚLTIMA HORA: Despois da esixencia das organizacións sindicais de ser recibidas unitariamente, o secretario xeral récnico e o director xeral de Centros e Recursos Humanos acaban de comunicarnos‬ que a conselleira nos recibirá a semana que vén ás catro organizacións sindicais. Polo que damos por finalizado o peche en espera desa xuntanza.