CCOO denuncia a HazteOir por actos de intolerancia e de incitación ao odio
Ante a provocación das últimas semanas polas cartas remitidas aos centros educativos de todo o país, nas que se instaba a pais e nais a autorizar expresamente as informacións, conferencias e cursos sobre a igualdade, a Federación de Ensino tomará medidas para que se declare ilegal a dita actuación, que pode ser considerada delito de discurso de odio.
