RETRIBUCIÓNS
Incrementos salariais
Todas as categorías profesionais experimentan en 2019 un incremento das súas retribucións do 5,08% respecto das táboas de 2016, agás a de auxiliar técnico educativo-educador de educación especial, que representa un 7,84%, e a de coidador/a, que supón un 8,61%.
Gratificacións extraordinarias
Establécense gratificacións extraordinarias para o persoal deses dous colectivos, que deberán percibirse durante 2019 e no primeiro trimestre de 2020.
XORNADA DE TRABALLO
|
XV CONVENIO |
|||||
|
Xornada anual / horas |
2012-18 |
2019 | 2020 | 2021 | ||
|
Persoal docente |
1.300 | 1.250 | 1.250 | 1.250 | ||
|
Persoal complementario e auxiliar |
1.600 | 1.575 | 1.560 | 1.545 | ||
|
Persoal de administración e servizos |
1.729 | 1.720 | 1.720 | 1.720 | ||
A distribución da xornada quedará reflectida no calendario laboral, que deberá establecerse antes do 31 de outubro do curso escolar.
PERMISOS RETRIBUÍDOS
Disporase dun máximo de 20 horas anuais retribuídas para asistir a consultas médicas de especialistas, tanto do propio traballador/a como de fillos menores de 14 anos, fillos con discapacidade, pais e familiares a cargo en situación de dependencia. Estas horas tamén poderán utilizarse para asistencia a reunións de seguimento académico de fillos menores de 16 anos.
LACTACIÓN
As horas do permiso de lactación poderán acumularse a 20 días naturais continuados para contratos a tempo completo.
INCAPACIDADE TEMPORAL
Durante o tres primeiros meses de baixa, percibirase o complemento necesario ata completar o 100 % da retribución salarial total, incluídos os incrementos salariais producidos no período de baixa.
Así mesmo, percibirase o 100 % da retribución mensual ordinaria ata o final da baixa sempre que esta sexa consecuencia das enfermidades graves recollidas no Real decreto 1148/2011, independentemente do número de baixas que tivese durante ese ano.

