O persoal mutualista debe optar entre recibir a asistencia sanitaria a través do servizo público de saúde (SERGAS) ou a través de medios concertados (ADESLAS, ASISA, DKV ). A opción debe realizarse en calquera caso, sexa cal for a súa cobertura sanitaria actual.
MUFACE dispuxo un servizo de elección de entidade na Sede electrónica da Mutualidad, dentro do apartado "Servizos para colectivos específicos", cuxa ligazón directa é https://portal. muface.es/ altaentidad/ na que poderán identificarse a través da plataforma Cl@ve, que permite o uso de certificado dixital, DNI-e, Cl@ve Permanente ou Cl@ve PIN. A elección de entidade sanitaria pode facerse tamén por correo postal ou presencialmente nas oficinas da Mutualidade. Feita a alta de entidade e formalizada a súa afiliación, recibirá no seu domicilio a tarxeta de afiliación e o talonario de receitas.
O próximo 31 de outubro acaba o prazo para que cada novo mutualista docente elixa entidade sanitaria, polo que se advirte que, transcorrido ese prazo sen que se exercitase a opción, MUFACE, de oficio, adscribirá este colectivo á asistencia sanitaria pública, isto é, ao SERGAS, e remitirá o talonario e a tarxeta de afiliación. A alta de beneficiarios, se os hai, debe facela en todo caso o mutualista, xa sexa electronicamente, presencialmente ou por correo postal.