CCOO denuncia a utilización electoralista dos menores estranxeiros non acompañados

Diante das declaracións realizadas por algúns representantes políticos, CCOO considera que é inadmisible nun Estado de Dereito articular un discurso electoralista e un argumentario político contrario aos dereitos humanos, convencións internacionais e lexislación española,  estigmatizando aos menores estranxeiros –nenos e nenas– en situación de desamparo protexidos por institucións públicas en España.