CCOO rexeita a división do convenio colectivo e reivindica melloras no sector de asistencia e educación infantil

infórmaTE en PDF Na reunión da Mesa Negociadora do XIII Convenio Colectivo de centros de asistencia e educación infantil do 27 de abri de 2023, CCOO rexeitou a proposta de dividir o convenio en dous e presentamos as nosas principais reivindicacións en materia de xornada laboral, permisos, réxime disciplinario, vacacións e incapacidade temporal. Entre outras, solicitamos a redución da xornada semanal e anual … Ler máis

A patronal insta á división do convenio de escolas infantís

Este 29 de marzo celebrouse unha nova reunión da mesa negociadora, que pode representar un escenario distinto na negociación colectiva. As organizacións patronais formularon unha serie de modificacións que se recollen nas seguintes propostas. ‌ Documento en PDF Xestión directa Incrementos salariais por cursos académicos (a partir de setembro de 2023, sen efectos retroactivos), condicionados ao endurecemento da IT (aboarase o … Ler máis

Publicados os Proxectos de Orde polos que se establecen a ordenación e o currículo da Educación Infantil e Primaria de Galicia

‌ Proxecto de Orde de Educación Infantil

‌ Proxecto de Orde de Educación Primaria

Dende o día 7 ao 27 de febreiro de 2023 atópanse publicados no portal de Transparencia e Goberno Aberto da Xunta de Galicia, en prazo de envío de suxestións.

A administración debería levalos a Mesa Sectorial antes da súa aprobación.

CCOO, negociación colectiva e XII Convenio (Centros de Educación Infantil)

Ante as informacións difundidas por algunha organización sindical presente na Mesa Negociadora, queremos recordar o papel que CCOO ven xogando no sector desde 2019. Neste sentido, e para que outros deixen de apuntarse méritos que non lles pertencen, porque asinan acordos cando hai que defender dereitos e baixan a cabeza cando hai que confrontar, facemos un repaso aos acontecementos que … Ler máis

Táboas salariais de centros de educación infantil de xestión directa e indirecta

CCOO non asinou estas novas táboas porque consideramos a suba moi insuficiente e, ademais, non se aborda a posibilidade de ir incrementado co tempo ese diferencial, cun calendario definido e concreto, tal e como temos proposto de forma reiterada. De feito, no propio acordo os asinantes reflicten o seguinte: «Como se acaba de producir unha suba do salario mínimo interprofesional … Ler máis