Apoio masivo á folga e manifestación por un convenio digno en Educación Infantil 0-3

Éxito da convocatoria de folga cun 80% de seguimento nas escolas infantís privadas e de xestión indirecta de Galicia. 

CCOO fai valer a sua maioría no sector coa presenza de centos de afiliadas, delegadas e simpatizantes que se fixeron escoitar nas rúa de Santiago de Compostela e ás portas da Patronal.

 

Participación masiva nas concentracións de Vigo e A Coruña das traballadoras de escolas infantís

Centos de traballadoras de escolas infantís concentráronse esta tarde nas cidades de Vigo e A Coruña reclamando condicións dignas de traballo e o desbloqueo das negociacións coas patronais do sector.

Manifestación A Coruña – Manifestación Vigo – Vídeos 1 – 2 – 3 – 4 

O próximo xoves 29, día de folga no sector en Galicia, a cita será en Santiago de Compostela.

STOP á precarización laboral na educación infantil

CCOO convoca mobilizacións contra o bloqueo das negociacións do convenio colectivo de educación infantil. Chamamos ao conxunto de traballadoras para que acudan ás concentracións deste xoves, 22 de xuño, e para que participen dos paros que terán lugar durante a semana do 26 ao 30 deste mesmo mes. POR UN CONVENIO DIGNO, MOBILÍZATE! A DIGNIDADE DEFÉNDESE! ‌ infórmaTE Concentracións o xoves, 22 … Ler máis

Instrucións para o curso académico 2023/24 en infantil, primaria, secundaria e bacharelato

Resolución (DOG) Ditanse instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato para o curso 2023/24 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. A resolución aplícase aos centros sostidos con fondos públicos onde se imparten estas ensinanzas.

Por un convenio digno. Concentracións de Educación infantil

Concentracións o xoves, 22 de xuño, ás 20:00 POR UN CONVENIO DIGNO E SALARIOS XUSTOS! NON AO BLOQUEO DAS NEGOCIACIÓNS! ‌ Comunicado das organizacións sindicais convocantes As organizacións sindicais CCOO, CIG-Ensino, UGT Servizos Públicos, SNEP de G e USO denuncian o inmobilismo das patronais na negociación do XIII Convenio Colectivo de centros de educación infantil, etapa 0-3, e convocan mobilizacións na segunda quincena … Ler máis

A negociación do convenio colectivo de Infantil atópase estancada

As patronais mostran falta de vontade e ausencia de propostas concretas. ‌ infórmaTE Na Mesa Negociadora do pasado 29 de maio, quedou claro que as organizacións patronais non mostraron vontade de avanzar na negociación do Convenio Colectivo. En vez de tratar o tema principal, centraron a súa intervención en cuestións menores e non presentaron propostas concretas. Como resposta, as organizacións sindicais iniciarán … Ler máis

A mesa negociadora avanza na discusión do Convenio colectivo de centros de asistencia e educación infantil

‌ infórmaTE O 18 de maio de 2023 produciouse unha nova reunión da mesa negociadora do XIII Convenio colectivo de centros de asistencia e educación infantil. Abordáronse dous temas principais: a xornada laboral e a incapacidade temporal. En canto á xornada laboral, dende CCOO demandamos a redución da xornada semanal e anual para mestras, educadoras e resto do persoal. Tamén propoñemos reservar … Ler máis