Por un convenio digno. Concentracións de Educación infantil

Concentracións o xoves, 22 de xuño, ás 20:00

POR UN CONVENIO DIGNO E SALARIOS XUSTOS!

NON AO BLOQUEO DAS NEGOCIACIÓNS!

‌ Comunicado das organizacións sindicais convocantes

As organizacións sindicais CCOO, CIG-Ensino, UGT Servizos Públicos, SNEP de G e USO denuncian o inmobilismo das patronais na negociación do XIII Convenio Colectivo de centros de educación infantil, etapa 0-3, e convocan mobilizacións na segunda quincena do mes de xuño en defensa dos dereitos laborais, sociais e salariais das traballadoras das escolas infantís privadas e de xestión indirecta.

O día 22 de xuño haberá concentracións en Vigo e na Coruña, mentres que o día 27 realizaranse concentracións de protesta nas escolas, acompañadas de carteis e lemas reivindicativos. Ademais, o día 29 convócase unha xornada de folga para todo o sector das escolas infantís, con remate nunha manifestación en Santiago de Compostela.

As organizacións sindicais esixen un cambio de rumbo das patronais, que garantan o futuro do sector e recoñezan o labor socioeducativo das traballadoras. Demandan medidas para asegurar unha situación laboral digna e xusta, e chaman á negociación xusta e construtiva por parte das patronais.