O 12 de xuño de 2023 tiveron lugar as Mesas xeral e sectorial de empregados públicos.
Sobre a modificación da RPT da Consellería de cultura, educación, formación profesional e universidades, desde CCOO ratifícanse as alegacións presentadas e criticase que a Consellería non tivese en conta ningunha delas. A negociación non debe ser só un mero trámite, senón un proceso onde se teñan en conta as partes implicadas. A RPT presenta problemas como a destrución de emprego público e aperturas a outras administracións e persoal docente sen explicacións convincentes.
Valoramos como algo positivo a creación do Centro Galego da Innovación da Formación Profesional en Ourense, pero consideramos que os recursos asignados a este centro non son suficientes para as súas funcións.
Tamén informamos sobre os procesos selectivos da Lei 20/21, coa publicación das listaxes provisionais e a previsión de finalización destes procesos no mes en curso. Ademais, mencionase a intención de iniciar a negociación para a “repesca” da funcionarización e a conclusión da flexibilidade horaria e a conciliación neste mes de xullo, tendo en conta as alegacións recibidas.