Na reunión da Mesa Negociadora do XIII Convenio Colectivo de centros de asistencia e educación infantil do 27 de abri de 2023, CCOO rexeitou a proposta de dividir o convenio en dous e presentamos as nosas principais reivindicacións en materia de xornada laboral, permisos, réxime disciplinario, vacacións e incapacidade temporal.
Entre outras, solicitamos a redución da xornada semanal e anual para o persoal, unha actualización dos permisos retribuídos en días laborables, a incorporación de novos permisos retribuídos, un rexime disciplinario para infraccións empresariais, a substitución do mes de vacacións por 23 días laborables e un aumento do complemento para alcanzar o 100% da base reguladora en caso de incapacidade temporal.
Tamén defendemos a nosa proposta salarial para a xestión directa e indirecta e expresamos o noso rexeitamento á proposta das patronais de ter unha táboa salarial única para todas as traballadoras. Consideramos que é necesario un convenio colectivo que se adapte á realidade do sector e dignifique as condicións laborais e retributivas das traballadoras, e advertimos de que, se as patronais non deixan de propoñer recortes, estudaremos medidas máis contundentes.
As próximas reunións están programadas para o 18 e 29 de maio.