Mesa Sectorial 26 de maio de 2022: RD integración do Profesorado Técnico de FP no corpo de Profesorado de Ensino Secundario

Na Mesa Sectorial do 26 de maio co Ministerio de Educación tratamos o borrador de Real Decreto de Integración do PTFP no corpo de PES. Este borrador recolle: 19 especialidades pasan a estar integradas no corpo de PES. Outras 10 especialidades pasan a conformar o corpo de especialistas en sectores singulares da FP. Establécense as modificacións normativas necesarias para manter … Ler máis

CCOO, negociación colectiva e XII Convenio (Centros de Educación Infantil)

Ante as informacións difundidas por algunha organización sindical presente na Mesa Negociadora, queremos recordar o papel que CCOO ven xogando no sector desde 2019. Neste sentido, e para que outros deixen de apuntarse méritos que non lles pertencen, porque asinan acordos cando hai que defender dereitos e baixan a cabeza cando hai que confrontar, facemos un repaso aos acontecementos que … Ler máis

O profesorado interino non terá a obriga de presentarse aos procesos selectivos que se desenvolverán en xuño de 2022

COMUNICADO DE CCOO, ANPE, UGT E CSIF AO PROFESORADO INTERINO: (PREME PARA VER O COMUNICADO EN PDF)

  • O profesorado interino non terá a obriga de presentarse aos procesos selectivos que se desenvolverán en xuño de 2022. 
  • Próxima publicación da addenda do acordo de interinos firmada por CCOO, ANPE, UGT, CSIF que establece a non obrigatoriedade de presentarse a oposición para manter o posto na lista de interinos.

 

CCOO Ensino esixe a integración do corpo de mestres e mestres/as de taller no grupo A1

Hai tres anos CCOO ensino iniciou unha campaña para que o PTFP presentara recursos xudiciais para a súa integración no grupo A1 poñendo os seus servizos xurídicos a disposición dos/as docentes que quixeron iniciar reclamacións e recursos para conseguir a equiparación salarial e laboral do profesorado PTFP co PES. Esta campaña forzou a inclusión da posterior integración do profesorado do … Ler máis

CCOO rexeita a implantación dos ciclos formativos concertados

O sindicato recorda que xa existe unha rede pública que oferta ciclos formativos desas ensinanzas e que tal implantación suporía unha duplicidade da oferta en detrimento do ensino público. No DOG do día 04/05/22 publicouse a ordej de 22 de abril de 2022 pola que se modifica a autorización do centro privado Padres Escolapios, de Monforte de Lemos (Lugo), pola … Ler máis

A Mesa Xeral de negociación (PAS e PDI) aproba a Oferta Pública de Emprego da USC para 2022

OPE 2022: Estabilización e promoción interna A totalidade dos sindicatos con representación na Mesa Xeral de Negociación da USC (PAS e PDI) xunto cos representantes do equipo de goberno acordaron este mércores a Oferta Pública de Emprego da USC para o 2022, que inclúe un total de 163 prazas de PDI, 121 de PAS (40 delas por promoción interna) e por … Ler máis

Proposta de CCOO sobre a Promoción Interna a incluír na Oferta Pública de Emprego de 2022

Proposta de Promoción Interna En nome da sección sindical de CC.OO trasládase para o seu debate na reunión da Mesa xeral de PAS do 13 de maio a solicitude de inclusión, na Oferta Pública de Emprego da USC de 2022, dunha proposta de promoción interna tamén no ámbito do PAS. Neste mesmo sentido, queremos tamén recordar que o claustro universitario … Ler máis