CCOO rexeita a implantación dos ciclos formativos concertados

O sindicato recorda que xa existe unha rede pública que oferta ciclos formativos desas ensinanzas e que tal implantación suporía unha duplicidade da oferta en detrimento do ensino público.
No DOG do día 04/05/22 publicouse a ordej de 22 de abril de 2022 pola que se modifica a autorización do centro privado Padres Escolapios, de Monforte de Lemos (Lugo), pola que se autoriza a implantación de seis ciclos forma@vos en réxime ordinario das familias profesionais de Ac@vidades Físicas e Depor@vas e Servizos Socioculturais e á Comunidade, dous de grado medio: Atención á persoas en situación de dependencia e Guía de medio natural e tempo de ocio; e catro de grado superior: Animación sociocultural e turís@ca, Educación infan@l, Ensinanza en animación sociodepor@va, Integración social.
Dous deles (atención a persoas en situación se imparten actualmente no IES Francisco Daviña Rey da mesma localidade, o que supón unha duplicidade de ensinanzas na oferta e planificación educa@va da segunda cidade máis poboada da provincia de Lugo, non xus@ficada polos datos de matrícula actuais. E de ser implantados tales ciclos, suporía por tanto, unha competencia desleal cos centros públicos.
CCOO rexeita o “concerto” de tales ensinanzas, xa que significa adicar cartos públicos para implantar unha ensinanzas que levan ofertándose durante anos nun centro público, que xa conta co profesorado e con instalacións e equipamentos axeitados.
CCOO denuncia, que tal autorización, coarta, por outro lado, as posibilidades de implantación no futuro de tales ensinanzas na rede pública que xa os imparte. En defini@va, polos mo@vos expostos, CCOO Ensino rexeita enerxicamente a posibilidade de que a Consellería de Educación concerte os ciclos autorizado