CCOO Ensino esixe a integración do corpo de mestres e mestres/as de taller no grupo A1

Hai tres anos CCOO ensino iniciou unha campaña para que o PTFP presentara recursos xudiciais para a súa integración no grupo A1 poñendo os seus servizos xurídicos a disposición dos/as docentes que quixeron iniciar reclamacións e recursos para conseguir a equiparación salarial e laboral do profesorado PTFP co PES.
Esta campaña forzou a inclusión da posterior integración do profesorado do corpo de Profesorado Técnico de FP no corpo de Profesores de Ensino Secundario.
Se ben nun principio o proceso de integración xerou moitas dúbidas, CCOO sempre tivo claro que o proceso de integración debía ter tres principios básicos:
1. Que todo profesorado con titulación universitaria debía ser integrado no corpo de PES, independetemente da súa especialidade.
2. Que debería ser un proceso áxil, só alegando a titulación.
3. Que a integración debería ter efectos retroactivos dende a entrada en vixencia da LOMLOE, é
dicir, xaneiro de 2021.
Todos estes principios víronse finalmente materializados, comprometéndose o Ministerio de Educación na última mesa sectorial celebrada en abril a que o regulamento de integración cumpla a totalidade desas premisas.
Logo desta conquista, CCOO continúa traballando, iniciando unha nova campaña que esixe a
integración no grupo A1 de todo o profesorado de corpos que quedan aínda no subgrupo A2 (corpo de mestres/as e de mestres/as de taller de artes plásticas e deseño), toda vez que estes colectivos contan con titulación universitaria.
Trátase dunha reivindicación histórica de CCOO. O ámbito de negociación é co Ministerio de Educación xa que se é competencia estatal. Porén ten que negociarse e conseguirse co goberno do estado e cómpre unha campaña coordinada entre todas as Comunidades Autónomas para que teña efecto.