Preguntas para impugnar do exame do 30 de setembro (Grupo V – Limpeza – Camareira limpadora, agora grupo AP)

Só para persoal do grupo V (Limpeza – Camareira limpadora), agora grupo AP

O prazo remata hoxe ás 12 horas da noite

Instrucións:

1. Entrar no FIDES.
2. Entrar en Procesos selectivos e aí xa pon Presentar alegacións.
3. Cubrir e presentar.

Mandamos varias. Cada quen que mande o que lle interese.

Preguntas para impugnar:

Descargar todas nun ZIP comprimido

Descargalas unha a unha (Formato Word):

Data, hora e lugar de exame do primeiro exercicio das oposicións das especialidades de cociña (C2) e limpeza e cociña (AP)

Cociña (C2):

Proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso na escala auxiliar de cociña, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galicia.

O primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 30 de setembro de 2023, ás 16.00 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda.

Limpeza e cociña (AP):

Proceso selectivo de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña, subgrupo agrupacións profesionais.

O primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 30 de setembro de 2023, ás 9.00 horas, no pavillón 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda.

Publicadas datas, horas e lugares de realización de exercicios de varios procesos selectivos (PSEC)

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de … Ler máis

Publicada data, hora e lugar da realización do segundo exercicio de varios procesos selectivos (PSEC)

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de … Ler máis

Convocadas probas de galego (Celga 2, 3, 4) para os procesos selectivos extraordinarios de estabilización (PSEC)

As persoas aspirantes convocadas que non acreditaron estar en posesión do Celga ou equivalente figuran no portal corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.

As probas celebraranse no salón de actos e na aula 1 da Facultade de Dereito, en Santiago de Compostela, o 10 de setembro de 2023.

  • Celga 2: ás 16:30
  • Celga 3: ás 12:30
  • Celga 4: ás 9:00