Publicadas datas, horas e lugares de realización de exercicios de varios procesos selectivos (PSEC)

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade educador infantil, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 27 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2023, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade educación social.

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do único exercicio eliminatorio e obrigatorio da proba de oposición.

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.