Toda a información da mesa xeral de empregados/as públicos/as do 27 de setembro de 2023 (PSEC)

Na segunda xuntanza da mesa xeral tratáronse os seguintes temas:

A modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) da Consellería de Educaciónsupón a creación de 54 postos e a amortización de 11, con varias modificacións para adaptar a RPT ás necesidades actuais da Consellería. Dende CCOO non concordamos con ningunha das amortizacións. Consideramos os postos necesarios e urxe unha análise máis profunda das necesidades de cada centro.

Solicítase unha revisión das dotacións de persoal, que actualmente se basean en ratios obsoletas e non reflexan as demandas reais dos centros. Exíxese tamén a apertura de postos a subgrupos C1, negociacións sobre condicións de traballo do persoal de limpeza, e revalorización e reclasificación de oficiais de cociña, entre outros.

Reclámase tamén máis cumprimento e mellora nas contratacións de persoal auxiliar e solicitase a creación dunha mesa de negociación para abordar estas cuestións.

As notas dos procesos selectivos de auxiliar coidadora e da agrupación profesional de persoal funcionario subalterno é previsible que estean entre esta semana e a que vén.

Saíron xa as notas de galego dos procesos selectivos da Lei 20/2021. Houbo problemas para sacar a autobaremación. É previsible que antes deste venres saia. Se non, a semana que vén.