Publicada data, hora e lugar da realización do segundo exercicio de varios procesos selectivos (PSEC)

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de … Ler máis

Convocadas probas de galego (Celga 2, 3, 4) para os procesos selectivos extraordinarios de estabilización (PSEC)

As persoas aspirantes convocadas que non acreditaron estar en posesión do Celga ou equivalente figuran no portal corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.

As probas celebraranse no salón de actos e na aula 1 da Facultade de Dereito, en Santiago de Compostela, o 10 de setembro de 2023.

  • Celga 2: ás 16:30
  • Celga 3: ás 12:30
  • Celga 4: ás 9:00

Publicadas listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas en varios procesos selectivos (persoal funcionario, concurso-oposición) (PSEC)

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo superior … Ler máis

Publicadas listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas en varios procesos selectivos (persoal laboral, concurso e concurso-oposición) (PSEC)

Sistema de concurso RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso … Ler máis

Nomeados os tribunais dos procesos selectivos de cociña e limpeza, entre outros (PSEC)

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de persoal … Ler máis