Convocadas actividades de formación continua (presencial e teleformación) en materia de violencia de xénero na EGAP (PSEC)

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2023 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de violencia de xénero para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas

  • Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
  • O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do 13 de xullo de 2023 (incluído).
  • As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/ matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
  • O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.

Publicadas baremacións provisionais da fase de concurso de Seguridade no traballo e Hixiene industrial, A1 e A2 (PSEC)

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.