Asignación de portas para o primeiro exercicio de distintos procesos selectivos das oposicións da administración xeral

Funcionarios grupo C2 escala 2059 – ano 2022 – SEC 02
Corpo auxiliar da administración xeral
Listaxe portas (Silleda tarde 01-07-2023)

Funcionarios grupo C1 escala 2053 – ano 2022 – SEC 01
Corpo administrativo da administración xeral
Listaxe portas (Silleda tarde 02-07-2023)

Funcionarios grupo A2 escala 2051 – ano 2022 – SEC 01
Corpo de xestión da administración xeral
Listaxe portas (Silleda mañá 02-07-2023)

Funcionarios grupo A1 escala 2060 – ano 2022 – SEC 01
Corpo superior da administración xeral
Listaxe portas (Silleda mañá 01-07-2023)

Convocatoria para elección de destino provisional para as persoas que superaron os procesos selectivos (PSEC)

No prazo de hoxe, 27, e mañá, 28 de xuño, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

No prazo do 29 de xuño ao 5 de xullo (ambos incluídos), as persoas aspirantes seleccionan telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»–«Procesos selectivos».

Convocados cursos gratuítos de galego administrativo e de preparación para Celga (PSEC)

  • Convócanse gratuítamente:
    • Cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña.
    • Cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga)
  • Terán lugar entre setembro de 2023 e maio de 2024
  • Ofertados polas escolas oficiais de idiomas de Galicia.
  • Inscrición: www.eoidigital.com/preinslinguagalega

‌ Toda a información, na Resolución (DOG).

Convocado o programa de autoformación da EGAP do ano 2023 (PSEC)

‌ Resolución (DOG) ‌ EGAP ‌ O acceso aos contidos poderá solicitarse desde o 1 de xullo ata o 28 de decembro. ‌ Prazo de matrícula para as probas de avaliación: desde o 20 ata o 30 de xuño. A Escola convoca 12.400 prazas distribuídas nas 62 materias correspondentes ao programa de autoformación, dirixido ao persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes … Ler máis

Toda a información da comisión de persoal do 14 de xuño de 2023 (PSEC)

infórmaTE CCOO votou en contra da modificación da RPT da Consellería de cultura, educación formación profesional e universidades. Non foi recollida ningunha das alegacións achegadas tralas negociacións previas. Esta RPT ten moitas eivas: destrución de emprego público, aperturas a outras administracións públicas e a persoal docente que non teñen explicación por moito que a Consellería intente xustificalas. Poderiamos destacar un aspecto positivo, … Ler máis

Toda a información das mesas xeral e sectorial de persoal funcionario do 12 de xuño de 2023 (PSEC)

 infórmaTE O 12 de xuño de 2023 tiveron lugar as Mesas xeral e sectorial de empregados públicos. Sobre a modificación da RPT da Consellería de cultura, educación, formación profesional e universidades, desde CCOO ratifícanse as alegacións presentadas e criticase que a Consellería non tivese en conta ningunha delas. A negociación non debe ser só un mero trámite, senón un proceso onde … Ler máis

Data, hora e lugar para o primeiro exercicio da oposición de coidadores/as

Pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia Abanca (Silleda) ‌ Sábado, 8 de xullo de 2023, ás 16:00 ‌ Anuncio (DOG) ‌ Listaxe de aspirantes e portas asignadas As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar. Non se permitirá o acceso ao recinto … Ler máis

Nota informativa para subsanar a exclusión nas listas provisionais dos procesos selectivos (PSEC)

‌ Nota informativa En relación ás listas provisionais de persoas admitidas e excluídas nos procesos selectivos, na nota infórmase sobre a posibilidade de emendar determinadas causas de exclusión. Enuméranse diferentes motivos, como ter a acreditación de identidade caducada, non cumprir a condición de familia numerosa ou discapacidade ou non acreditar o motivo de exención da taxa, entre outros. Para emendar esas … Ler máis