Convocado o programa de autoformación da EGAP do ano 2023 (PSEC)

‌ Resolución (DOG)

‌ EGAP

‌ O acceso aos contidos poderá solicitarse desde o 1 de xullo ata o 28 de decembro.

‌ Prazo de matrícula para as probas de avaliación: desde o 20 ata o 30 de xuño.

A Escola convoca 12.400 prazas distribuídas nas 62 materias correspondentes ao programa de autoformación, dirixido ao persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).