CCOO-Ensino esixe á Consellería que tome unha decisión inmediata sobre o mantemento ou aprazamento da oferta de emprego público

CCOO-Ensino esixe á Conselleira unha decisión urxente sobre a celebración do proceso selectivo,  que debe ser coñecida como moi tarde a mediados deste mes. Porén todas as organizacións sindicais con representación na mesa, acabamos de solicitar á Consellería a convocatoria urxente dunha mesa sectorial para tratar este tema.

CCOO-Ensino denuncia un novo desprezo á representación das traballadoras e traballadores por parte da Consellería de Educación

A Consellería fai oficial a súa postura canto á celebración das oposicións do ano 2020 a través dos medios de comunicación sen previa comunicación aos representantes das traballadoras e os traballadores.

ACTUALIZACIÓN: Ao cabo, ao final da xornada, o Ministerio de Educación e Formación Profesional emite un comunicado no que manifesta a falta de acordo pero non aclara a posición da comunidade autónoma.