OFERTA CICLOS FORMATIVOS FORMACIÓN PROFESIONAL CURSO 2020-21
Publicadas no DOG as ordes de oferta presencial e modular de ciclos formativos de Formación Profesional para o curso 2020-21
Publicadas no DOG as ordes de oferta presencial e modular de ciclos formativos de Formación Profesional para o curso 2020-21
Convocado o Consello Galego de Formación Profesional para o vindeiro luns 22 de xuño, nel trataranse as ofertas formativas presencial e de adultos para o vindeiro curso 2020-21 e a resolución de anulación das probas de avaliación en competencias clave
Podes envíar as túas achegas a ensino@galicia.ccoo.es
Co fin de poder tramitar a súa toma de posesión e a súa alta en nómina, o profesorado que obtivo destino definitivo nos distintos concursos de traslados deben remitir á xefatura territorial da provincia na que obtivo o novo destino, antes do 1 de setembro de 2020 a documentación relacionada nas Instrucións para a toma de posesión
A Consellería presenta un Proxecto de Orde de Calendario Escolar que non ten en conta a situación provocada pola COVID-19 e supón un calco do calendario do curso pasado.
Velaquí podes ver as intervencións de CCOO-Ensino con respecto ao Calendario Escolar e no punto de rogos e preguntas
A consellería publica na súa web o anuncio da reapertura dos prazos administrativos en diversas listas de interinidades que quedaran paralizados pola COVID-19.
Listas dos corpos de PES e PTFP :
Listas do corpo de mestres: ata o 5 de xuño
Listas de Música e Artes Escénicas : ata o 9 de xuño
CCOO aposta pola blindaxe da oferta de emprego público de 2020 mantendo o número de prazas e especialidades convocadas.
A Consellería entende que non hai garantías xurídicas para a acumulación das OPE de 2020 e 2021, polo que continuará adiante coa convocatoria.
Velaquí podes consultar a intervención e valoración de CCOO sobre as oposicións e no resto dos puntos da mesa de hoxe
Na Mesa Sectorial de hoxe tratouse o Proxecto do protocolo de reinicio da actividade lectiva , o resto dos puntos da Orde do día quedaron adiados para o vindeiro martes 26 de maio.
CCOO-ensino manifestou que non se debe reiniciar a actividade lectiva presencial para ningún colectivo porque non se dan as garantías sanitarias para a seguridade da saúde das e dos traballadores, polo tanto non apoiamos o documento presentado hoxe na Mesa Sectorial.
Velaquí podes ver a intervención de CCOO-ensino
O sindicato tamén expuxo as dificultades que poden xurdir coas Ofertas de Emprego Público que se pospuxeron ao ano que vén e que están reguladas polo RD 84/2018, xa que pode existir un conflito entre estas prazas e as que se queiran sumar a estas, e que estarán reguladas por outra normativa de acceso. Nese sentido, pedimos seguridade xurídica para abordar a situación ao Ministerio de Educación e Formación Profesional.
CCOO-Ensino incidirá mañán na Mesa Sectorial de Galicia na situación dos procedementos selectivos do 2020.
Velaquí podes consultar a resolución do concurso de traslados do persoal docente publicada no DOG.
Os prazos que se deberan abrir pola publicación deste concurso, non se abrirán ata finalizado o estado de alarma.