Abriuse o trámite de audiencia e información pública e, posteriormente, realizaranse os trámites no Consello Escolar do Estado, ao que a Federación de Ensino de CCOO faralle as achegas que xa lle transmitiu ao Ministerio de Educación e Formación profesional na mesa de negociación do persoal docente o pasado 20 de marzo.
Os trámites de audiencia e información pública teñen por obxecto solicitar a opinión dos cidadáns titulares de dereitos e intereses lexítimos afectados por un proxecto normativo xa redactado, directamente ou a través das organizacións ou asociacións que os representen, así como obter cantas achegas adicionais poidan realizar outras persoas ou entidades.
LIGAZÓN Á PÁXINA DE AUDIENCIA
CCOO-ensino manifesta sobre esta modificación normativa que:
- Sabemos que hai comunidades autónomas ás que a modificación neste sentido proporciona seguridade a algunha convocatoria que quedaba pendente, polo que entendemos a súa formulación no momento que se fixo; pero actualmente, coa maioría das convocatorias trasladadas a 2021, o Ministerio de Educación e Formación Profesional ten que ser máis ambicioso e non prorrogar o RD 84/2018.
- Non é o modelo que propón o noso sindicato e así o manifestamos. A modificación do modelo de acceso debe incluír, entre outras cousas:
- Probas non eliminatorias
- Aumento do peso da experiencia nos máximos permitidos pola lexislación.
- Aumento da transparencia no proceso.
- Limitación de número de aspirantes por tribunal a cincuenta opositores.
- É unha oportunidade para poder traballar neste modelo para o próximas tres convocatorias, máxime cando o TJUE recoñeceu que poden existir elementos nas oposicións que, garantindo os procedementos de libre concorrencia, favorezan a ponderación da experiencia e que coas probas non eliminatorias evitaríase que as prazas quedasen