CCOO ESIXE AS MESMAS CONDICIÓNS SALARIAIS PARA O PROFESORADO DE REFORZO NOS CENTROS CONCERTADOS QUE PARA O PROFESORADO EN PAGAMENTO DELEGADO

A Consellería de Educación insiste en manter condicións salariais moi inferiores ao resto do profesorado do ensino concertado para o profesorado de reforzo. Un episodio máis de precarización laboral e outro exemplo da escasa consideración que lle merecen as traballadoras e traballadores.

Apertura de listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 18 de novembro ata o día 24 de novembro de 2020, ambos incluídos.

‌ A solicitude de inscrición debe cubrirse na Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A

‌ Por cada especialidade na que desexa inscribirse deberáse formular unha solicitude, anexar a documentación e realizar un pagamento de taxas.

‌ Non admitirán ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.

Xuntanza coa Consellería: Axudas aos centros concertados para gastos relacionados co COVID-19

Desde CCOO – ensino, consideramos que esta xuntanza chega moi tarde, sen proporcionarnos previamente a documentación do que se vai abordar, a Consellería segue instalada no formato de rolda de prensa que ven sendo habitual nos últimos anos e carente do carácter deliberativo e de negociación que debería ter polo que non proporciona a ocasión de expor as propostas, dúbidas e discrepancias coas medidas adoitadas.