CCOO ENSINO denuncia a pasividade da Consellería de Educación fronte a nova onda da pandemia nos centros educativos

Desde CCOO Ensino, xa denunciaramos ao inicio do curso escolar que o protocolo e as medidas adoptadas pola Consellería para facer fronte á COVID-19 eran insuficientes. Nin se baixaron as ratios, nin se adoptaron todas as medidas hixiénico-sanitarias pertinentes. Alén disto, tampouco se tiveron en conta as medidas que cumpriría adoptar á volta dos períodos de vacacións.

 

CCOO Ensino esíxelle ao goberno da Xunta que aprobe con carácter de urxencia os orzamentos que inclúen a suba retributiva das empregadas e empregados públicos

Atrasar a aprobación dos orzamentos de Galicia tendo maioría absoluta no Parlamento carece de sentido, polo que o sindicato insta a aprobalos sen demora para que as empregadas e empregados públicos vexamos incrementados os nosos salarios grazas aos acordos que logramos. Cómpre lembrar que as nosas nóminas (tanto no ensino público coma no ensino concertado) veranse incrementadas en 30 € mensuais no complemento específico grazas ao acordo asinado en 2018 por CCOO.

Listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral

‌ PREME PARA ACCEDER AO DOG: RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

CCOO ESIXE AO CONCELLO DE SANTIAGO INCREMENTAR MONITORES PARA DAR RESPOSTA A CARGA DE TRABALLO DERIVADO DA COVID-19 NOS COMEDORES DOS CEIPs.

Dende CCOO mantivemos  reunións co concello de Santiago e coa empresa Alimentacion Saudable Galega,  empresa concesesionaria, para adaptar o traballo dos monitores e coordinadores que levan a cabo o servizo dos comedores escolares nos CEIPs  a realidade actual. Nesas reunións se lles deu traslado por escrito da nova realidade do servizo e onde se reflictian as necesidades actuáis a solventar, que pasa polo incremeto de xornada e a contratación de máis monitores.