Propostas para a negociación do VII Convenio do Ensino Concertado

CCOO acudimos á mesa de negociación do VII convenio co propósito de impulsar e participar nunha reforma en profundidade do convenio actual que, máis aló das modificacións por imperativo legal, apenas evolucionou nos aspectos suxeitos á negociación colectiva nos últimos 25 anos.

O convenio tamén é un freo a equiparación que vimos demandando desde hai moitos anos e polo tanto debemos superar os atrancos que xenera.

‌  PREME PARA DESCARGAR EN PDF AS PROPOSTAS

Apertura de novas listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades

Ábrense as listas de interinidades e substitucións nas seguintes especialidades:

1. Corpo de profesores de ensino secundario (590):

  • 590004 Lingua castelá e literatura
  • 590010 Francés
  • 590124 Sistemas electrónicos
  • 590125 Sistemas electrotécnicos e automáticos

2. Corpo de profesores técnicos de formación profesional (591):

  • 591202 Equipamentos electrónicos
  • 591204 Fabricación e instalación de carpintería e moble
  • 591206 Instalacións electrotécnicas

3. Corpo de mestres (597)

  • 597033 Lingua estranxeira francés

4. Corpo de profesores de música e artes escénicas (594):

  • 594405 Clave
  • 594406 Contrabaixo
  • 594422 Percusión

Prazo de solicitudes do 22 de outubro ata o 28 de outubro