Ensino Público Oposicións 2019
Nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal opositor nos procedementos de 2019
Publicado no BOE o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal opositor apto nos procedementos selectivos do 2019 dos corpos de secundaria.
Publicada no DOG a relación de persoal aprobado nos procedementos selectivos
⚠ As persoas aprobadas deben presentar por medios electrónicos e dirixido á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos:
✅ certificado médico
✅ declaración responsable
✅ certificado de non ter antecedentes por delitos sexuais (só no caso de non ter autorizada a consulta na solicitude de participación nas oposicións)
Prazo de presentación da documentación: do 26 de agosto ao 20 de setembro
A Consellería fará a ponderacion do persoal opositor que aprobou a fase de oposición e non obtivo praza naquelas especialidades nas que os tribunais deixaron prazas desertas nestes días
A Conselleria ven de comunicar que realizará a asignación de prazas e a ponderación prevista no último parágrafo do punto 17.2 da base décimo sétima da Orde de 21 de febreiro de 2019 entre as persoas aprobadas na fase de oposición naquelas especialidades nas que os tribunais deixaron prazas desertas.
A Consellería comunicarase de forma persoal con aquelas ou aqueles afectados moi probablemente entre os días 23 e 24.
Resolución provisional do concurso de méritos de prazas para atención preferente
Prazo de reclamación ou renuncia : do 16 ao 22 de xullo
As reclamacións e renuncias poderán presentarse nos lugares aos que alude o artigo cuarto da orde de convocatoria do concurso e remitiranse ademais ao correo electrónico persoal.primaria@edu.xunta.gal dentro do prazo establecido.
Distribución das persoas opositoras por Tribunais
CORRECCIÓN ERROS: CAMBIO DE OPOSITORAS inclúen unha persoa no Tribunal 3 de Primaria (Pontevedra) e outra no Tribunal 19 de Infantil (Lugo).
Aquí pódese consultar as sedes e horarios dos diferentes Tribunais.
Lembramos que o proceso selectivo comeza o 22 de xuño ás 9:00 horas co acto de presentación, obrigatorio e excluínte.
LUGARES, DATAS E HORAS DA PRESENTACIÓN E PRIMEIRA PROBA DOS PROCEDEMENTOS SELECTIVOS.
Lembramos que acudir ao acto de presentación é obrigatorio, e condición para poder realizar a primeira proba.
O acto dé presentación terá lugar o 22 de xuño ás 9:00 horas.
CORRECCIÓN DE ERROS TRIBUNAIS DE INFANTIL OURENSE
CORRECCIÓN DE ERROS TRIBUNAIS TECNOLOXÍA
CORRECCIÓN DE ERROS: PARTE B DA ESPECIALIDADE LINGUAXE MUSICAL
CORRECCIÓN ERROS: CAMBIO DE OPOSITORAS inclúen unha persoa no Tribunal 3 de Primaria (Pontevedra) e outra no Tribunal 19 de Infantil (Lugo).
COMPOSICIÓN DOS TRIBUNAIS POR ESPECIALIDADE
Publicados no DOG os tribunais completos que xulgarán os procedementos selectivos
ver RESOLUCIÓN NO DOG cos tribunais dos corpos de MESTRES e PES
ver TRIBUNAS do CORPO DE PTFP
ver TRIBUNAIS do CORPO de MÚSICA e ARTES ESCÉNICAS
ver TRIBUNAIS do CORPO de EOI
TRIBUNAIS ESPECÍFICOS PROBAS COÑECEMENTO GALEGO E CASTELÁN
VER TRIBUNAIS PROBA CASTELÁN
A proba de castelán terá lugar o 7 de xuño ás 17:00 no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela
A proba de Galego terá lugar o 7 de xuño ás 18:00 no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela