Mes: Xaneiro 2023
CCOO defende a actualización das táboas salariais do 2022 do ensino concertado
Na mesa negociadora do VII convenio colectivo defendeuse a necesidade de actualizar as táboas salariais, desde o 1 de xaneiro de 2022, nun 1,5 % adicional.
Infórmate sobre a Xuntanza da Mesa Xeral de Empregados Públicos do 10 de xaneiro de 2023 (Persoal laboral)
Nota informativa de CCOO da xuntanza da Mesa Xeral de EEPP, na que se trataron os seguintes temas:
- Modificación de 7 postos nas RPT das Consellerías de Promoción de Emprego e Igualdade, Medio Rural, Política Social e Xuventude e Cultura, e Educación, Formación Profesional e Universidades
- Interpretación de determinadas cláusulas das bases dos procesos de estabilización
Resumen da situación das oposicións docentes de estabilización e reposición nas distintas comunidades autónomas
Consulta o documento adxunto coa situación actual das oposicións de estabilización e reposición de 2023 e 2024 nas comunidades e cidades autónomas do estado español.
Consulta tamén o cadro resumo coas diferencias na estrutura das oposicións de estabilización e reposición.
Novidades nos partes de baixa a partir do 1 de abril de 2023
- A persoa traballadora non terá que presentar parte de baixa, alta nin confirmación á empresa a partir do 1 de abril de 2023 por baixas inferiores a un ano. A empresa ou a mutua realizarán as xestións oportunas de maneira telemática e inmediata coa Seguridade Social.
- Real Decreto 1060/2022, de 27 de decembro, polo que se modifica o Real decreto 625/2014, de 18 de xullo, polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración
- Toda a información, en PDF
Consulta o titorial e o videotitorial para inscribirte nas oposicións 2023
Concurso oposición de estabilización ao abeiro da Lei 20/21. Convocado pola Orde do 5 de decembro de 2022.
Titorial para facer a solicitude de inscrición en PDF
Videotitorial para facer a solicitude de inscrición
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 10 ao 30 de xaneiro de 2023
Asinado o acordo para a implantación da Carreira Horizontal do PAS da USC
Os sindicatos CC.OO, CIG e UGT asinamos a semana pasada coa xerencia o Acordo para o desenvolvemento do sistema transitorio da carreira horizontal do PAS da USC. Este acordo ten unha importante repercusión económica nos salarios consolidados da plantilla do PAS da USC nos próximos anos, e terá efectos dende o 1 de xaneiro de 2023. Os membros da sección … Ler máis
CCOO da USC publica o novo calendario laboral para o ano 2023
No calendario contémplanse os días festivos estatais, da comunidade autónoma, os locais de Santiago e Lugo e os festivos propios da USC Calendario laboral baseado na instrución de xerencia relativa ao calendario de festas, vacacións, permisos e horario do PAS para o ano 2023 Versión web Versión para imprimir
