Asinado o acordo para a implantación da Carreira Horizontal do PAS da USC

Os sindicatos CC.OO, CIG e UGT asinamos a semana pasada coa xerencia o Acordo para o desenvolvemento do sistema transitorio da carreira horizontal do PAS da USC. Este acordo ten unha importante repercusión económica nos salarios consolidados da plantilla do PAS da USC nos próximos anos, e terá efectos dende o 1 de xaneiro de 2023.

Os membros da sección sindical de CC.OO sentímonos contentos e satisfeitos do traballo e da perseverancia empregada para acadar este acordo sobre a carreira profesional, algo que non todo o mundo entendía o que podía significar e que nos convirte na primeira e única universidade galega na que se implantan as retribucións por carreira horizontal para o PAS.

Os contidos principais do texto asinado a semana pasada expóñense a continuación:

  • Ponse en marcha o acceso extraordinario ao Grao I da carreira profesional horizontal do PAS da USC
  • O importe das contías finais, consolidables, a percibir anualmente polo Grao I da carreira horizontal serán as mesmas en cada grupo profesional que as fixadas para o persoal da Xunta
  • En 2023 se percibirá o 50% dese importe anual, con efectos dende 1 de xaneiro
  • Antes do 30 de outubro, en función das dispoñibilidades da execución das partidas orzamentarias previstas para o PAS, negociarase o incremento ata o 60% da contía final, que terá efectos económicos tamén dende o 1 de xaneiro de 2023
  • A porcentaxe restante, ata acadar o 100%, completarase en 2024
  • No seguinte cadro amósamos as contías totais de referencia para cada grupo de persoal funcionario ou laboral, o valor da contía anual que se percibirá con efectos de 1 de xaneiro de 2023 e o importe mensual inicial para cada grupo:
  • O acceso extraordinario ao grado I da carreira horizontal da USC será de aplicación para persoal funcionario de carreira, persoal funcionario interino, persoal laboral fixo e persoal laboral temporal que estea en servizo activo a 31 de decembro de 2022 e que reúna ademais os seguintes requisitos persoais:
    • Contar con 5 anos como tempo mínimo en servizo activo
    • Non ter sido obxecto de sanción disciplinaria ou, se a houbo, que estea prescrita
    • Ter realizado 40 horas de formación para o desempeño, ou algunha das outras condicións alternativas incluídas no acordo

O acordo tamén prevé a negociación en 2023 da posta en marcha da carreira ordinaria e o acceso extraordinario ao Grao II da carreira horizontal a implantar en 2024

Acordo para a implantación da Carreira Horizontal do PAS da USC