CCOO-Ensino presenta unha serie de propostas para o inicio do curso 2020-21

Nunha rolda de prensa celebrada hoxe, CCOO-ensino presenta unha batería de propostas para o inicio do vindeiro curso.

CCOO-Ensino insta a Consellería a constituír comisións de traballo para planificar o inicio de curso e, aínda que considera que se debe primar unha volta presencial, non se poden desbotar outros posibles escenarios.

‌ Intervención de Luz López, secretaria xeral da Federación de Ensino

‌ Intervención de Jose Fuentes, coordinador de Acción Sindical da Federación de Ensino

CCOO pedirá revisar os ERTE das escolas infantís de xestión indirecta cando non se suspenderon os pagos

As organizacións sindicais maioritarias no sector da Educación Infantil,  CCOO e  FeSP-UGT, manifestan nun comunicado que continuarán con todos os trámites de revisión e denuncia, se procede, das empresas do sector que, tendo contratos coa Administración e organismos públicos, aplicasen Expedientes Temporais de Regulación de Emprego (ERTE) á totalidade ou a parte das súas traballadoras

CCOO esixe ao Ministerio de Educación un plan de emprego para asumir a redución de ratios de fronte ao novo curso

O sindicato estima que é necesario un incremento de docentes e persoal complementario para cumprir coas recomendacións sanitarias propostas polo Goberno central. Para iso propoñerá un Pacto Estatal que asegure a estabilidade laboral e a maior provisión de recursos humanos no sector.  Velaquí podes consultar mais información