Reapertura dos prazos administrativos en diversas listas de interinidades e substitucións
A consellería publica na súa web o anuncio da reapertura dos prazos administrativos en diversas listas de interinidades que quedaran paralizados pola COVID-19.
Listas dos corpos de PES e PTFP :
- especialidade de navegación e instalacións mariñas (109), de sistemas electrónicos (124), de sistemas electrotécnicos e automáticos (125) , especialidade de equipos electrónicos (202), de instalacións electrotécnicas (206), de máquinas, servizos e produción (210), de mecanizado e mantemento de máquinas (211) ata o 3 de xuño
- especialidade de operacións e equipos de elaboración de produtos alimentarios (214) ata o 9 de xuño
Listas do corpo de mestres: ata o 5 de xuño
Listas de Música e Artes Escénicas : ata o 9 de xuño
