CCOO ENSINO ESÍXELLE Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN O REFORZAMENTO DO SERVIZO PÚBLICO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS ANTE O REINICIO EN SETEMBRO DA ACTIVIDADE EDUCATIVA PRESENCIAL

CCOO-Ensino ten coñecemento da realización nalgúns centros educativos da avaliación de riscos laborais de postos de traballo pola empresa privada Cualtis.

A Federación de Ensino de CCOO entende e reclama que esta avaliación deben realizala os servizos de prevención propios da Consellería de Educación, para o cal esixe a dotación de recursos humanos e económicos a estes servizos e que deixen de estar reducidos á súa mínima expresión por anos de contención de investimento público polos gobernos do Partido Popular en Galicia, demostrando a pouca importancia outorgada pola Administración á saúde  do seu persoal de servizos educativos.