Mesa Sectorial 26 de maio. Oposicións e prórroga de direccións

‌ CCOO aposta  pola blindaxe da oferta de emprego público de 2020 mantendo o número de prazas e especialidades convocadas. 

‌ A Consellería entende que non hai garantías xurídicas para a acumulación das OPE de 2020 e 2021, polo que continuará adiante coa convocatoria.

‌ Velaquí podes consultar a intervención e valoración de CCOO sobre as oposicións e no resto dos puntos da mesa de hoxe

 

CCOO aposta por dotar a todo o profesorado de equipos informáticos así como dunha formación integral en materia TIC e denuncia as fendas en materia de seguridade e protección de datos que se estan a dar nestes momentos

O sindicato solicitou á Consellería que dote ao persoal docente e aos centros con ferramentas de correo electrónico, xestor de arquivos e almacenamento na nube, aplicación de videoconferencias, etc e presenta unha serie de propostas e reflexións sobre as necesidades para un ensino telemático de calidade en Galicia.

Ademais denuncia a vulneración da lei de protección de datos e as fendas de seguridade que están a ter as ferramentas postas a disposición do profesorado neste momento

MESA SECTORIAL 20 de maio – Protocolo de reinicio da actividade lectiva

Na Mesa Sectorial de hoxe tratouse o  Proxecto do protocolo de reinicio da actividade lectiva , o resto dos puntos da Orde do día quedaron adiados para o vindeiro martes 26 de maio.

CCOO-ensino  manifestou que non se debe reiniciar a actividade lectiva presencial para ningún colectivo porque non se dan as garantías sanitarias para a seguridade da saúde das e dos traballadores, polo tanto non apoiamos o documento presentado hoxe na Mesa Sectorial. 

Velaquí podes ver a intervención de CCOO-ensino

 

CCOO esixe ao Ministerio de Educación na Mesa Sectorial do Estado máis recursos e medidas de seguridade e saúde para afrontar a volta ás aulas

O sindicato tamén expuxo as dificultades que poden xurdir coas Ofertas de Emprego Público que se pospuxeron ao ano que vén e que están reguladas polo  RD 84/2018, xa que pode existir un conflito entre estas prazas e as que se queiran sumar a estas, e que estarán reguladas por outra normativa de acceso. Nese sentido, pedimos seguridade xurídica para abordar a situación ao Ministerio de Educación e Formación Profesional.

CCOO-Ensino incidirá mañán na Mesa Sectorial de Galicia na situación dos procedementos selectivos do 2020.