BOLSAS DE AXUDA AO ESTUDO DOS FILLOS E FILLAS DE TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO ENSINO CONCERTADO

Lembrámosvos que, por acordo adoptado na Comisión negociadora do convenio o pasado 29 de abril, a comisión de bolsas non se constituirá ata a primeira semana de xuño. Polo tanto, non será ata entón cando se poidan iniciar os trámites para solicitar a dita axuda.  
En canto se inicie o proceso, remitirémosvos a información e documentación para que todas as persoas interesadas poidan realizar as solicitudes.

CCOO rexistra a petición de convocatoria da Mesa Estatal do Ensino Concertado

A Federación de Ensino de CCOO rexistrou o pasado 12 de maio petición de convocatoria con carácter de urxencia da Mesa Estatal de Ensino Concertado, onde todas as organizacións sindicais e patronais representativas do sector poidan acometer e acordar, xunto ao Ministerio de Educación, aquelas medidas que permitan establecer uns protocolos claros,  concisos e concretos de actuación nos centros educativos.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE RPT E CONCURSO DE TRASLADOS DO PROFESORADO DE RELIXIÓNS

A Federación de Ensino de CCOO ven de solicitar á Consellería de Educación:

  • Que se informe de cales das alegacións presentadas á RPT e ao borrador do Concurso de Traslados son aceptadas.
  • O compromiso a retomar de xeito inmediato, en canto a norma permita a reanudación dos prazos administrativos, a tramitación do Concurso de Traslados

CCOO-Ensino esixe á Consellería de Educación que decida a finalización da actividade lectiva presencial no curso 2019-20

CCOO-Ensino demanda á administración educativa os informes previos sobre avaliación de riscos laboráis dos diferentes postos de traballo. Recomendamos a todas as traballadoras e traballadores a solicitude da avaliación do seu posto e se procede a adaptación dos mesmos para  asegurar ao máximo a protección ante posibles contaxios

 

As traballadoras e traballadores da Consellería de Educación abandonados á súa sorte na incorporación aos centros no inicio do proceso de desescalada

CCOO-ensino xa solicitou unha xuntanza urxente do Comité Intercentros de Seguridade e Saúde no Traballo da Consellería pois no marco da negociación colectiva é onde se deben tratar estes temas e non emitindo instrucións e recomendacións a dous días de iniciar a actividade o que redunda na incertidume e abandono que está a sufrir o persoal traballador da Consellería de Educación