CCOO esixe ao Ministerio de Educación na Mesa Sectorial do Estado máis recursos e medidas de seguridade e saúde para afrontar a volta ás aulas
O sindicato tamén expuxo as dificultades que poden xurdir coas Ofertas de Emprego Público que se pospuxeron ao ano que vén e que están reguladas polo RD 84/2018, xa que pode existir un conflito entre estas prazas e as que se queiran sumar a estas, e que estarán reguladas por outra normativa de acceso. Nese sentido, pedimos seguridade xurídica para abordar a situación ao Ministerio de Educación e Formación Profesional.
CCOO-Ensino incidirá mañán na Mesa Sectorial de Galicia na situación dos procedementos selectivos do 2020.
