RESOLUCIÓN DO CONSELLO DA FEDERACIÓN DE ENSINO DE GALICIA CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO ORGULLO LGTBIQ+

O Consello da Federación de Ensino de CCOO de Galicia resolve por unanimidade renovar o seu compromiso co colectivo LGTBIQ+ e continuar o seu labor para favorecer a súa visibilidade, denunciando calquera retroceso nos seus dereitos e pelexando pola aprobación de normas que recollan os dereitos do colectivo LGTBIQ+, a despatoloxización das persoas trans e o dereito á autodeterminación de xénero.

Así mesmo, chama a mobilizarse na manifestación virtual convocada para o vindeiro 4 de xuño baixo o lema “Sororidade e Femininismo para TRANSformar. Mulleres lesbianas, trans e bisexuais en acción! Polas máis vulnerables!

CADP – Convocatoria 2020-21

Publicada a resolución que convoca o CADP para o vindeiro curso. Se queredes consultar algunha dúbida velaquí tedes a orde marco. O prazo de Participación será do 30 de xuño ao 20 de xullo. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia . As solicitudes tamén poderán cubrirse na páxina do CADP da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos  e presentarse a traves da sede electrónica.

Velaquí podes ver o noso titorial para facer a instancia de participación e resolver as túas dúbidas.

Podes consultar a localización, as distancias e a xornada dos centros educativos neste mapa interactivo

 

CCOO ENSINO ESÍXELLE Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN O REFORZAMENTO DO SERVIZO PÚBLICO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS ANTE O REINICIO EN SETEMBRO DA ACTIVIDADE EDUCATIVA PRESENCIAL

CCOO-Ensino ten coñecemento da realización nalgúns centros educativos da avaliación de riscos laborais de postos de traballo pola empresa privada Cualtis.

A Federación de Ensino de CCOO entende e reclama que esta avaliación deben realizala os servizos de prevención propios da Consellería de Educación, para o cal esixe a dotación de recursos humanos e económicos a estes servizos e que deixen de estar reducidos á súa mínima expresión por anos de contención de investimento público polos gobernos do Partido Popular en Galicia, demostrando a pouca importancia outorgada pola Administración á saúde  do seu persoal de servizos educativos.

Instrucións para a toma de posesión do profesorado que obtivo un destino definitivo nos concurso de traslados

Co fin de poder tramitar a súa toma de posesión e a súa alta en nómina, o profesorado que obtivo destino definitivo nos distintos concursos de traslados deben remitir á xefatura territorial da provincia na que obtivo o novo destino, antes do 1 de setembro de 2020 a documentación relacionada nas Instrucións para a toma de posesión