Aprobados dous novos reais decretos que afectan á organización do profesorado e á súa carreira académica
Publicados dous novos reais decretos que desenvolven a LOSU e introducen cambios nas especialidades e ámbitos de coñecemento, na organización docente e na acreditación do profesorado permanente laboral. Desde CCOO reclamamos transparencia, participación efectiva do PDI e respecto aos dereitos do profesorado na súa aplicación.
