Novas
Apertura de prazo para actualizar o expediente persoal para o persoal docente funcionario de carreira e de prácticas
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas da lista da agrupación profesional da Administración xeral, especialidade de persoal de limpeza e cociña
As listas poderán consultarse no portal web de Función Pública
Prazo para recurso de alzada: un mes contando a partir do mércores 27 de setembro de 2023.
Persoas admitidas e excluídas e baremo provisional en varias listas de interinidades e substitucións
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en varias especialidades de distintos corpos.
Día da Visibilidade Bisexual
O Día da Visibilidade Bisexual, que se celebra cada ano o 23 de setembro, nace como resposta aos prexuízos e a marxinación que aínda deben enfrontar as persoas bisexuais en todas as contornas de socialización: familia, parella, a escola e o seu lugar de traballo.
Publicación da relación de Intercambios provisionais para o curso 2023/24
Xa se poden consultar na web da Consellería a relación de intercambios provisionais (comunmente coñecidos como permutas provisionais) de prazas de persoal docente que imparte ensinanzas en centros dependentes desta consellería, para o curso 2023/2024.
Data, hora e lugar de exame do primeiro exercicio das oposicións das especialidades de cociña (C2) e limpeza e cociña (AP)
Cociña (C2):
Proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso na escala auxiliar de cociña, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galicia.
O primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 30 de setembro de 2023, ás 16.00 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda.
Limpeza e cociña (AP):
Proceso selectivo de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña, subgrupo agrupacións profesionais.
O primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 30 de setembro de 2023, ás 9.00 horas, no pavillón 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda.
Publicadas datas, horas e lugares de realización de exercicios de varios procesos selectivos (PSEC)
RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de … Ler máis
