Toda a información da comisión de persoal ordinaria do 30 de outubro de 2023 (PSEC)

Entre outras cousas:

  • presentouse o proxecto de orde que vai regular o procedemento de acceso ao FIDES,
  • anunciouse que hoxe remitirán a proposta de decreto de oferta e as bases de distintos procesos selectivos,
  • o venres vai á comisión de persoal a promoción interna horizontal,
  • a semana que vén van á mesa e á comisión as convocatorias de funcionarización e a funcionarización dos laborais fixos en excedencia.

‌ infórmaTE

Concentración por un concurso de traslados xusto

‌ Sábado 28 de outubro de 2023, 12:00

‌ Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela

  • Por unha disposición transitoria que regule a participación no Concurso Xeral de Traslados (CXT) do novo funcionariado de carreira para que non se incurra en ningún agravio comparativo.
  • CCOO é o único sindicato que tentou chegar a unha solución negociada.
  • Despois de esgotar a vía negociadora, agora mobilizámonos.

As cousas claras (desmentindo bulos)

Logo das múltiples consultas trala sinatura do Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docente puidemos constatar que hai un descoñecemento bastante xeneralizado do seu contido.

Estanse dando por boas certas mensaxes, interesadas en mobilizar ao profesorado de cara a unha folga, que son, literalmente, bulos.

Consulta o comunicado conxunto asinado por CCOO, ANPE e UGT:

‌ As cousas claras (desmentindo bulos)